Prensaescrita

O idioma dun reino: Facendo algo de Historia

Houbo un tempo no que o galego foi lingua dun Reino, da máis sólida creación literaria, dun territorio amplo e poderoso. Falábano os reis, os nobres, o clero e mais o pobo. Acontecía cando outras linguas, como o propio inglés, estaban en decadencia. A mesma realeza inglesa falaba o francés dos normandos. Naquela altura, o territorio no que o galego florecía era ben máis grande que as actuais catro provincias. Portugal naceu, de feito, ó se independizar de Galicia no século XII. O galego pasou daquela a ser a lingua dos dous reinos, de aquén e alén do Miño. A máis alta literatura medieval creábase en galego, tanto no reino de Galicia, como nos de León e Castela. O esplendor do románico, a calidade da lírica, e o feito de que mesmo reis, trobadores e xograres non galegos empregasen a nosa lingua non vén máis que a confirmar a plenitude cultural e económica que gozaba a Galicia daquel tempo. Unha auténtica potencia en toda Europa. Ata 1230, cando os reinos de Galicia e Castela se unificaron con Fernando III O Santo, os reis eran educados e enterrados no noso país, aínda que tivesen a corte fóra del. A fin do reino galego medieval sitúase no 1486, coa decapitación de Pardo de Cela por parte dos Reis Católicos.

Comentários

Mensagens populares deste blogue