Prensaescrita - Galiza

A Fundación Eugenio Granell acolle este xoves unha nova perfomance con tres artistas de Portugal e Brasil

SANTIAGO. EP

Marcio André nunha performance no Poetry Slam Lisboa
Marcio André nunha performance no Poetry Slam Lisboa
Este xoves ás 19.30 horas a Fundación Eugenio Granell ofrecerá unha nova xornada de performance con tres artistas chegados desde Portugal e Brasil, que desenvolverán dúas accións. Así, farán, por unha banda, a perfomance 'Unha mirada marciana da arte contemporánea', por parte dos portugueses Nuno Oliveira e Margarita Chambel, e, por outra, 'Suspensión', do brasileiro Márcio-André.
As accións desenvolveranse durante toda a xornada. Ás 11.00 horas comezará 'Unha mirada marciana da arte contemporánea', cuxo desenlace terá lugar ás 18.30 horas. Trátase dunha mirada irónica sobre a arte contemporánea composta de dous núcleos ben diferenciados: a acción mecánica e a interacción directa co público.
Seguidamente, ás 19.30 horas Márcio-André, con 'Suspensión', explorará as posibilidades da linguaxe poética a través do procesamiento electrónico da palabra, de instrumentos musicais e doutros obxectos.
A acción intervén no espazo de didáctica da Fundación Eugenio Granell, empregando o son producido polos obxectos colgados do teito con gomas elásticas da voz do artista, todo procesado electrónicamente mediante unha mesa de son, ademais de crear unha contorna plástica que acolle ó espectador como un axente activo máis da peza.

Comentários

Mensagens populares deste blogue