A NOSA TERRA - Galiza
O Camões promoverá a nosa cultura

O portugués téndelle a man ao galego
Redacción

O Instituto Camões, encargado de difundir no mundo a lingua e cultura portuguesas, ofrecerá nos seus máis de 230 centros en todo o mundo programación especificamente galega. Tamén tentará impulsaro estudo do portugués nos institutos galegos.

Logotipo do Instituto Camões de Portugal Logotipo do Instituto Camões de Portugal

A presidenta do instituto Camões, Ana Paula Laborinho, anunciou, durante a súa participación nunhas xornadas do Consello da Cultura, que os centros dependentes deste organismo incluirán programación en galego.

Nunha entrevista que publica La Voz de Galicia, Laborinho considera que, sen entrar en discusións políticas ou ortográficas, o galego debe aproveitar a potencia internacional do portugués para a súa difusión.

O Instituto Camões negocia ademais coa Consellaría de Educación a posibilidade de estudar portugués no ensino medio. Esta vella demanda do nacionalismo galego empata coa demanda crecente de estudos de portugués nas escolas de idiomas.

Tal e como publica hoxe Galicia Hoxe, o método de ensino do portugués podería vehiculizarse como oferta de lingua estranxeira optativa para os estudantes de ensino secundario.

Comentários

Mensagens populares deste blogue