Vigo
A Nosa Terra

Convoca Queremos Galego
17 de maio: 52 prazas en defensa do galego

Redacción . Este ano, a plataforma Queremos Galego convoca concentracións en 52 localidades, tanto en Galiza coma en Europa e América. En todas elas lerase un manifesto contra os ataques á nosa lingua.

Unha manifestación de Queremos Galego en Santiago Unha manifestación de Queremos Galego en Santiago. BNG

Este 17 de maio cambia a rutina das mobilizacións en defensa da lingua galega. Contra o ocorrido nos últimos anos, nos que se centralizou a manifestación na capital de Galiza, no 2011 serán 52 as localidades nas que haberá concentracións de apoio ás nosas lingua e cultura.

En todas as prazas lerase un manifesto reivindicativo e de denuncia sobre o acoso ao galego desde o Goberno.

O manifesto cualifica o presidente de Galiza, Alberte Núñez Feixóo, como o "inimigo número un" do noso idioma e acúsao de querer diminuír a presenza da lingua na sociedade.

A seguir, o texto vai recompilando todas as políticas daniñas para o status social da nosa lingua, caso do Decreto do Trilingüismo, a reforma das leis sobre a función pública que suprimen a obriga de que os funcionarios públicos coñezan o galego, o malgasto en libros de texto e no cambio das Galescolas, o boicot á normalización na Xustiza, a ameaza sobre a toponimia ou a desidia no uso da lingua propia nos altos cargos do Goberno pagados cos impostos autonómicos.

Amais de moitas localidades galegas, a mobilización tamén atinxirá lugares distantes como Barcelona, Madrid, Bruxelas, Belfast, Xenebra, Buenos Aires e Nova York.

Comentários

Mensagens populares deste blogue