A Nosa Terra -Galiza

Alimentos útiles para previr o cancro

Cestos de froita fresca Cestos de froita fresca. Franz88/Flickr

Hai unhas semanas falábavos dos alimentos que debemos reducir na nosa dieta para diminuír o risco de padecer un cancro. É agora a vez de falar dalgúns outros dos que cómpre aumentar pois son beneficiosos á hora de protexernos desa grave enfermidade.

Son especialmente recomendábeis a froita, as verduras, as hortalizas, os legumes e os cereais. Froitas beneficiosas son a ameixa e a mazá (para previr o cancro de colon), o ananás (para o cancro de estómago), os amorodos, os arandos, as grosellas negras, as amoras, as framboesas, o kiwi, a granada, o limón, a laranxa, o pomelo rosado, as cereixas e as uvas negras. Tamén son beneficiosos algúns froitos secos, caso das uvas as ameixas pasas.

De entre as verduras e hortalizas, destacan a remolacha vermella, a cenoria, o pemento vermello, o tomate, a berenxena, a col, as espinacas, o brécol, a cebola e o allo.

Os legumes máis aptos na prevención do cancro son a soia e os seus derivados (tofu e leite de soia).

Cereais que demostran o seu valor protector son o xerme de trigo e o centeo (para o cancro de colon), o arroz e a cebada.

Outros alimentos que protexen fronte ao cancro ou resultan beneficiosos son o iogurte, as olivas verdes, o aguacate, as alcaparras e especias como a cúrcuma, o xenxibre e a pementa.

Aínda que estes alimentos sexan os máis representativos como aliados contra o cancro existen outros alimentos que poden axudar fronte a un tipo de cancro determinado.

Comentários

Mensagens populares deste blogue