APAGAMENTO ANALÓXICO

Davila pide que a TDT portuguesa chegue a Galiza


Europa Press . A deputada do BNG no Congreso Olaia Fernández Davila reclamou, a través dunha iniciativa parlamentaria, que o Goberno cumpra o seu compromiso de tomar as medidas necesarias para que as televisións portuguesas tamén se poidan ver en Galiza a través da Televisión Dixital Terrestre (TDT).

Olaia  Fernández Davila no Congreso dos Deputados Olaia Fernández Davila no Congreso dos Deputados. BNG

A deputada do BNG no Congreso Olaia Fernández Davila reclamou, a través dunha iniciativa parlamentaria, que o Goberno cumpra o seu compromiso de tomar as medidas necesarias para que as televisións portuguesas tamén se poidan ver en Galiza a través da Televisión Dixital Terrestre (TDT).

Davila recordou que este intercambio "reforzaría" a normalización da lingua galega, ao tempo que "ampliaría a oferta informativa e reforzaría os lazos culturais e sociais entre Galiza e Portugal", tanto para as televisións galegas como as lusas, posto que abriría "unha importante oportunidade de negocio".

Na súa iniciativa, a deputada nacionalista subliñou que "se trata dun compromiso legal e tamén do Goberno español". Deste xeito, recordou que a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, ratificada polo Estado español, establece que "as partes se comprometen a garantir a liberdade de recepción directa de emisións de radio e televisión dos países veciños nunha lingua usada nunha forma idéntica ou próxima a outra rexional ou minoritaria".

Ao respecto, recordou que hai varios países na Unión Europea na que se cumpre con esta normativa, como é o caso de Finlandia respecto de Suecia, e subliñou que, ademais, "hai compromisos claros do Congreso e Parlamento galego" que avalan esta postura.

A un día do apagamento analóxico, a parlamentaria subliñou que tamén os directivos da Compañía de Radio Televisión de Galiza (CRTVG) e da RTP --televisión pública portuguesa-- mostráronse "a favor" desta demanda.

Comentários

Mensagens populares deste blogue