Por crimes en El Olimpo
Novas cadeas perpetuas contra militares arxentinos

Armando Rúa .

A xustiza arxentina segue a revisar o modelo de 'transición' democrática despois dos anos de ditadura que deixara libre os responsábeis dos crimes e desaparicións. Agora un grupo de militares recibe a sentenza de cadea perpetua pola súa actuación na década do 1970.

Unha Nai da Praza de Maio Unha Nai da Praza de Maio

“Presentes, agora e sempre”. Foron as eufóricas palabras gritadas por familiares de asasinados, desaparecidos e torturados logo de facerse pública a sentenza que condenaba a cadea perpetua un grupo de militares e policías arxentinos, entre eles unha muller, por feitos acontecidos hai máis de 30 anos.

O xuíz do Tribunal Oral federal tardou dúas horas en ler unha sentenza que condenou entre outros a Julio Simón El Turco a unha pena de prisión perpetua como autor de cinco homicidios con aleivosía en concurso de privación de liberdade e 89 delitos de tortura demostrados.

A histórica decisión pon fin a anos de investigación sobre os crimes que se realizaban nos centros clandestinos de detención abertos polos militares da ditadura arxentina no complexo Banco-Atlético-Olimpo. Dos procesados, 16 soportaron condenas por delitos de lesa humanidade en 138 casos analizados e demostrados. Co Turco Julián recibiron a máxima pena Samuel Miara e o policía Oscar Augusto Rolón. Con 25 anos de prisión foron condenados outros procesados, entre eles Raúl Guglielminetti.

Comentários

Mensagens populares deste blogue