A Nosa Terra - Galiza

Democracial Real Xa!
Protesta contra a 'UE dos mercados' o 19 de xuño

Redacción . Baixo o lema 'Non ao Pacto do Euro: Europa para o pobo e non para os mercados', Democracia real Xa! convoca mobilizacións para o 19 de xuño na maioría das cidades do estado e apoia, secundando coa súa asistencia e colaborando activamente na súa difusión ás organizadas por outros movementos para esas mesmas datas.

Lemas en galego nas acampadas do Movemento 15M Lemas en galego nas acampadas do Movemento 15M. X.E.A.

A convocatoria, que atinxe as cidades e varias vilas de Galiza, está promovida en rede, "unidas contra o abuso que a clase política consente".

Para os organizadores, de Democracia Real Xa!, as razóns para a concentración do 19 de xuño "seguen sendo as mesmas que sacaron á rúa miles de persoas o 15 de Maio en máis de 60 cidades; aínda que esta vez, se cabe, estamos aínda máis indignados, ante a ameaza que supoñen para o noso benestar social os novos recortes de salarios, pensións, I+D+i, sanidade e educación; a eliminación dos servizos sociais, o maior atraso na idade de xubilación, a ampliación dos impostos e inxustos reaxustes dos salarios á produtividade e á competitividade previstos na aplicación do Pacto do Euro, que consideramos o maior atentado socioeconómico e internacional contra os dereitos sociais".

Seguindo coa xustificación da protesta, o Pacto do Euro "implicará maiores sacrificios para todos a causa das medidas de austeridade que se queren impoñer e polo tanto rexeitámolo. Esiximos a reorientación das políticas públicas cara á protección do interese xeral. Esiximos que a dación do ben inmóbelen pago da hipoteca sexa recoñecida. Esiximos unha verdadeira repartición da riqueza e o traballo, como única saída ao desemprego. Esiximos unha vida digna para todas as persoas, onde os dereitos sexan para todas e desaparezan os privilexios da clase política, a fraude fiscal e os paraísos fiscais. Esiximos, así mesmo, cambios na Lei Electoral que ofrezan vías para unha auténtica participación das persoas nas decisións públicas".

Neste caso, e logo do acoso de determinados medios contra o Movemento 15M tras os incidentes de Catalunya o 15 de xuño, os organizadores advirten da intolerancia completa cos actos de violencia e o seu compromiso coa protesta pacífica.

Comentários

Mensagens populares deste blogue